21 ene 2016

Poema do "Fonema"






Fonema
Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan, dicía o mestre:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía que
Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era,
se é que a tiña,
o toxo que douraba os montes de Galicia.

Rivas, M. (1996). O pobo da noite. Edicións Xerais de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario